Saturday 20 de April de 2024

Axenda do 26 e o 27 de agosto de 2022 en Narón


Venres 26 de agosto de 2022

Actividade: Concerto de Coque Malla
Hora: De 22.00 a 00.00
Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello de Narón acolle un dos concertos patrocinados pola Xunta de Galicia a través do programa festivo e de accións culturais Xacobeo 22. O acceso é libre.

Sábado 27 de agosto de 2022

Actividade: “XXIII Torneo de Tenis de Mesa Cidade de Narón”
Hora: De 10.00 a 20.00
Lugar: Pavillón polideportivo do Val

Un centenar de deportistas procedentes de diferentes concellos participarán neste evento deportivo, que contará coa presencia de varios rapaces e rapazas da cidade. Organiza o Concello en colaboración co Club Tenis de Mesa Cidade de Narón.

Actividade: “Festa da verbena”
Hora: Dende as 13.30 e pola noite a partir das 22.30
Lugar: Paseo marítimo de Xuvia

O Concello organiza en colaboración coa Deputación da Coruña a Festa da verbena. Ao mediodía, de 13.30 a 15.00 actuará o Grupo Pekados na sesión vermouth e pola noite actuarán de novo de 22.30 a 00.00 horas para, dar comezo ás 02.00 horas a actuación da orquestra Los Players. O acceso é libre.

Actividade: “III Carreira nocturna Cidade de Narón”
Hora: Dende as 20.00
Lugar: Saída e meta na Praza de Galicia

Un total de 486 persoas inscribíronse neste evento deportivo, organizado polo Concello en colaboración co Club ciclista Pasa ou entorna.